Implementa Xornadas Formación Cultura Accesible

A finais de 2022 celebramos no Centro Ágora (A Coruña, Galicia) a xornada Como facer máis accesible a cultura? Unha proposta formativa na que conectar a profesionais da cultura con profesionais e activistas do eido social arredor da accesibilidade e a inclusión cultural.

A idea era que esa conexión servira para a aprendizaxe, neste caso da man de profesionais, usuarias e técnicas de entidades de diferentes colectivos de discapacidade.

Programa de mesas temáticas e sesión práctica

A xornada artellouse en dúas partes, durante a mañá e a tarde, cunha pausa para un xantar colectivo no que posibilitar as conversas e os contactos directos entre as participantes.

Na quenda da mañá celebráronse unha serie de mesas temáticas, nas que poñer en común as barreiras que viven as persoas con diferentes discapacidades. Pola tarde puidemos contrastar unha proposta de autodiagnose de accesibilidade para proxectos culturais e tamén coñecer e probar medidas técnicas de apoio.

Barreiras visuais - Implementa

Mesa visual

Nieves García Longueira (Responsable do Servizo de Ocio e Tempo Libre de ONCE-Galicia)

Ángeles Miguélez (Educadora-Mediadora Rede Museística Provincial de Lugo)

Barreiras auditivas

Mesa auditiva

Rubén Capelán (Técnico de accesibilidade e xestor cultural)

Montxo Solórzano (Picadiscos e activista musical)

Barreiras cognitivas

Mesa cognitiva

Mª Dolores Portela León (Responsable do Programa de Accesibilidade Cognitiva de FADEMGA Plena inclusión Galicia)

Aitana García (Responsable do Servizo de Accesibilidade da Federación Autismo Galicia)

José Urbano Cuevas (Auxiliar de sala na Rede Museística Provincial de Lugo)

Barreiras físicas

Mesa física

Fran Carreira Roca (Arquitecto, usuario e voluntario de GRUMICO, asesor de accesibilidade)

Mariluz Vázquez (Coordinadora técnica da Asociación ACADAR)

Un proxecto que vai máis alá

As persoas que participaron na xornada recibiron ao remate un diploma de asistencia que acredita a súa participación na formación.

Pero este proxecto, que conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña, vai máis alá desta actividade. Do que as relatoras compartiron nas mesas e do traballo previo de investigación sairon moitos dos contidos que agora compartimos nesta web, con vontade de axudar de xeito práctico na accesibilidade e inclusión a proxectos e organizacións culturais de proximidade.

Non podemos máis que dar as grazas a participantes e relatoras. Tamén ás entidades que colaboraron na xornada e que podes consultar aquí.