Queremos impulsar, xunto ás institucións públicas e privadas que nos queiran acompañar, espazos de encontro para conectar profesionais da cultura e do ámbito social. Reunindo tamén os saberes das persoas que traballan nos distintos eidos da discapacidade e da exclusión social, para así poder avanzar conxuntamente cara a unha accesibilidade universal.
Apostamos tamén por proxectos divulgativos sobre accesibilidade cultural, os cales permitan compartir coñecementos, incorporar melloras directamente ou ben identificar axentes que nos poidan axudar a implementar, con rigor técnico, desde melloras puntuais a plans de accesibilidade e inclusión integrais.
Cremos que a accesibilidade é tan só un primeiro paso, pero imprescindible, para despois abordar un reto maior: facilitar a inclusión de todas as persoas dentro das prácticas artísticas e traballos culturais.
A accesibilidade é asegurarse de que a xente poida abrir a porta. A inclusión é convidar ás persoas a entrar e gozar contigo do que podes ofrecerlles.
Sina Bahram
Mapa de axentes da Coruña para unha cultura máis accesible
Que barreiras de acceso existen actualmente para que todas as persoas poidan gozar da oferta cultural presencial e dixital? Que medidas poden implementar as entidades culturais para derrubar esas barreiras? Que alianzas e servizos poden ofrecer as entidades sociais que traballan no eido da discapacidade?
Xornada formativa: como facer máis accesible a cultura?