Barreiras físicas
Xornadas Accesibilidade Implementa

Para garantir o dereito de acceso á oferta cultural, primeiro debemos coñecer e comprender as barreiras que o dificultan ou impiden. Con este fin, quixemos achegarnos aos distintos ámbitos de discapacidade, falando con profesionais de numerosas entidades especializadas e recollendo testemuñas. Buscamos así empatizar coas diferentes problemáticas que vive no seu día a día o 15% da poboación mundial (segundo datos OMS), así como descubrir recomendacións e elementos facilitadores que podemos implementar para mitigalas.

Sabemos que calquera intento de agrupar ás persoas en “etiquetas” vai ser artificial, moito máis no ámbito da discapacidade. Somos diversas e cada persoa terá unhas necesidades concretas.  Propoñemos este marco de categorías simplemente como un punto de partida, sobre o que despois poder afondar na súa diversidade e personalizar a atención. Na medida das posibilidades de cada profesional e entidade cultural.

Tamén é importante saber que cando facemos unha contorna, servizo ou experiencia máis accesible, estaremos chegando a moita máis xente da que inicialmente pensamos. Persoas que por situacións transitorias (accidentes ou enfermidades discapacitantes), por idade ou por calquera outra razón verá facilitada a súa participación cultural. 

Como ben indican desde a “Design for All Foundation”, unha medida de accesibilidade será imprescindible para chegar ao 10% da poboación, necesaria para facilitarlle a vida a outro 30%, pero tamén confortable para o 60% restante. Un exemplo moi sinxelo é pensar nun ascensor ou unha rampa nun espazo cultural.

Finalmente, o noso proxecto céntrase na accesibilidade á oferta cultural presencial e dixital. Onde cremos que queda moito por mellorar. Pero tamén sabemos que debe ser tan só o primeiro chanzo no camiño cara a a integración e a inclusión real das persoas con discapacidade nas prácticas e traballos culturais. Onde non só sexan obxecto, senón tamén suxeitos activos, para finalmente acadar unha igualdade real na cultura.

Xornadas Accesibilidade Implementa

Para facilitar o acceso á oferta cultural, primeiro debemos coñecer e comprender as barreiras que o dificultan ou impiden. Con este fin, quixemos achegarnos aos distintos ámbitos de discapacidade, falando con profesionais de numerosas entidades especializadas e recollendo testemuñas. Buscamos así empatizar coas diferentes problemáticas que viven no seu día a día, así como descubrir recomendacións e medidas técnicas que podemos implementar para mitigalas.

Sabemos que calquera intento de agrupar ás persoas en “etiquetas” vai ser artificial, moito máis no ámbito da discapacidade. Somos diversas e cada persoa terá unhas necesidades concretas. Propoñemos este marco de categorías simplemente como un punto de partida, sobre o que despois poder afondar na súa diversidade e personalizar a atención. Na medida das posibilidades de cada profesional e entidade cultural.

Tamén, aínda que falemos de discapacidade, é importante valorar que cando facemos algo accesible, estaremos chegando a moita máis xente da que inicialmente pensamos. Persoas que por idade, por situacións transitorias (por exemplo accidentes ou enfermidades discapacitantes) e por outras moitas razóns tamén van a ver facilitada a súa participación cultural. Unha cita recurrente neste sentido, indícanos que unha medida de accesibilidade será imprescindible para o 10% da poboación, necesaria para outro 30%, pero tamén confortable para o 60% restante. Un exemplo moi sinxelo é pensar nun ascensor ou unha rampa nun espazo cultural.

Finalmente, o noso proxecto céntrase na accesibilidade á oferta cultural presencial e dixital. Onde cremos que queda moito por mellorar. Pero tamén sabemos que debe ser tan só o primeiro chanzo no camiño cara a a integración e a inclusión real das persoas con discapacidade nas prácticas e traballos culturais. Onde non só sexan obxecto, senón tamén suxeitos activos, para finalmente acadar unha igualdade real na cultura.

Colaboramos?

Para ampliar información sobre calquera destes ámbitos existen numerosos recursos en liña, facilmente localizables. A nosa recomendación, en calquera caso é buscar consello e máis información nas entidades e asociacións que de seguro existen no teu territorio.

Se nos visitas desde unha entidade que xa traballades no ámbito da discapacidade ou da inclusión social e queredes coñocer as posibilidades de colaborar conxuntamente, contacta con nós!