VISUAIS | AUDITIVAS | COGNITIVAS | FÍSICAS
Desde a baixa visibilidade ata a cegueira total, existen diferentes graos e situacións, sexan permanentes ou temporais que afectan á capacidade lectora de preto ou de lonxe, o campo visual ou a agudeza visual. Tamén debemos ter en conta aquí ás persoas que poida ter dificultades para distinguir as cores (daltonismo).

Segundo a ONCE, o 80% da información precisa para a nosa vida cotiá implica o órgano da visión, os nosos ollos.
Isto quere dicir que a maior parte das habilidades que posuímos, dos coñecementos que adquirimos e das actividades que realizamos apréndense ou realízanse a partir da información visual. Trátase, polo tanto, de facilitar alternativas para un acceso completo á información, contidos e experiencias culturais que agora ofrezamos só por canles visuais, tanto presenciais como dixitais.


Dificultades
As persoas con discapacidade visual atópanse, principalmente, coas seguintes dificultades:




