Que é?
Que é?
Ademais do xa sinalado en DESEÑO WEB E DIXITAL ACCESIBLE, trátase de aplicar en canles directas (mensaxería ou correo electrónico) e en redes sociais criterios de accesibilidade.
Falamos de cuestións de lexibilidade (cores, tipografías, dimensións, etc.), ter en conta criterios de LECTURA FÁCIL ou introducir SUBTITULADO e, nalgúns casos, valorar a AUDIODESCRICIÓN en contidos audiovisuais.
Tamén temos que ter en conta que persoas con discapacidade visual empregan lectores de pantalla para acceder a aplicacións dixitais e redes sociais. Polo que a estrutura dos contidos e a información oculta (como textos alternativos que explican as imaxes, ligazóns ou botóns de navegación) son moi importantes para unha correcta comprensión da información:
A quen beneficia?
A quen beneficia?
A todas as persoas, porque do que se trata é de saber acadar o equilibrio entre utilidade e estética, cumprindo criterios de accesibilidade para todas.
Hai elementos, como os SUBTÍTULOS que tamén se recomendan para todo tipo de usuarios en redes sociais, xa que o audio soe estar desactivado por defecto.
Como implementar esta medida?
Como implementar esta medida?
A comunicación cultural é unha actividade profesional, que require dun amplo abano de coñecementos e que se temos a posibilidade, deberamos contratar a especialistas.
Pero sabemos que na práctica a veces temos que desenvolvelo internamente, para o que contamos con ferramentas e guías que nos facilitan algunhas recomendacións básicas.
Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?
Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?
Especialistas en comunicación, preferentemente con formación específica en accesibilidade.
Tamén algunhas entidades sociais que contan con departamentos ou persoal formado.



