Que é?
Que é?
Este sistema de puntos en relieve, creado por Luis Braille en 1825, achega ás persoas con discapacidade visual profunda ou cegas unha ferramenta válida e eficaz para ler, escribir, acceder á educación, á cultura e á información guiándose só polo tacto.
O alfabeto braille é un sistema que xoga coa combinación de seis puntos que permite obter 64 combinacións diferentes. A presenza ou ausencia de puntos determina o caracter do que se trata.

A quen beneficia?
A quen beneficia?
Ata a aparición de tecnoloxías de lectura de pantalla e de contidos sonoros e audiodescritos, o braille era o principal sistema de lectoescritura para unha persoa con discapacidade visual profunda ou cega. As persoas con xordocegueira seguen a depender esclusivamente da existencia deste recurso para acceder a información escrita.
Como implementar esta medida?
Como implementar esta medida?
É preciso coñecer o alfabeto e contar cos medios técnicos para producir materiais en braille. Estes contidos poden integrarse en materiais impresos (libros e publicacións informativas, cartelería, folletos, libros de man de espectáculos, cartelas de exposicións, etc.), ademais de en soportes ríxidos como paneis informativos, pasamáns, mostradores, etc.
Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?
Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?
Profesionais e empresas con formación específica e medios técnicos de produción, ademais de entidades sociais que conten con departamentos ou persoal formado:



