Que é?

Que é?

Inclúe todas aquelas adaptacións vinculadas a accesibilidade arquitectónica, espacial e de mobiliario. Trátase dos elementos máis evidentes cando falamos de accesibilidade física, pero tamén visual: escaleiras, desniveis, portas de apertura manual, etc. Pero tamén mostradores, taquillas, mesas, puntos de información, máquinas expendedoras de tiquets ou de cobro, etc. Todas elas deben ter unhas dimensións, altura e materiais adecuados, ademais de contar con elementos de interacción fácilmente aprehensibles.

Podemos distinguir entre instalacións permanentes, como teatros ou museos, e instalacións efémeras, como os recintos de festivais.

A quen beneficia?

A quen beneficia?

Como ben indican desde a “Design for All Foundation”, unha medida de accesibilidade será imprescindible para chegar ao 10% da poboación, necesaria para facilitarlle a vida a outro 30%, pero tamén confortable para o 60% restante. Un exemplo moi sinxelo é pensar precisamente nun ascensor ou unha rampa nun espazo cultural. E o que estes elementos implican para persoas en cadeira de rodas, con mobilidade reducida, adultos maiores, mulleres embarazadas ou familias con carriños.

Como implementar esta medida?

Como implementar esta medida?

Máis aló de ter en conta a accesibilidade na adquisición de mobiliario ou equipamentos, calquera apertura dun novo espazo permanente ou proxecto de reforma require da avaliación e dun proxecto asinado por profesionais da arquitectura ou arquitectura técnica.

No caso de instalacións efémeras, a partir de determinados aforos, tamén é preciso contar con profesionais que poidan desenvolver e avalar un proxecto técnico integral, que teña en conta criterios de accesibilidade. Tamén falariamos aquí das condicións dos accesos e espazos de uso preferente.

Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?

Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?

Algunhas entidades sociais e vinculadas á arquitectura contan con servizos de asesoramento, como por exemplo a asociación coruñesa Grumico. Ademais de existir estudos de arquitectura ou empresas de produción técnica de espectáculos especializadas, que ademais nos permitan cumprir os requisitos legais e normativos.

Ampliar información

Ampliar información

Medidas relacionadas

Trama Braille