Que é?
Que é?
Pode parecer unha obviedade, pero é unha das dúbidas que xorde máis habitualmente cando no noso círculo máis próximo non temos relación habitual coa discapacidade nas súas diferentes posibilidades.
É necesario coñecer algunhas pautas e orientacións que nos permitan simplificar e naturalizar a relación, interacción e comunicación coas persoas con discapacidade.
Con respecto ás diferentes terminoloxías existentes para se referir á discapacidade en relación co individuo, recomendamos optar por utilizar esta expresión que vimos repetindo, a de “persoa con discapacidade“, segundo o disposto na Convención Internacional para os Dereitos das Persoas con Discapacidade das Nacións Unidas (ONU).
A quen beneficia?
A quen beneficia?
A nós mesmas e ás persoas con calquera discapacidade para evitar tratamentos equivocados, esaxeracións nas axudas ofrecidas e situacións incómodas en xeral. Trátase dun aspecto especialmente sensible no ámbito cognitivo ou do desenvolvemento.
Como implementar esta medida?
Como implementar esta medida?
A través da formación interna. Aínda que para actividades ou eventos podemos contar tamén cunha persoa ou equipo especializado, indicando que existen estas persoas de apoio.
Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?
Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?
O ideal sería incorporar profesionais con discapacidade nos procesos de deseño ou nos nosos equipos. Tamén podemos buscar alianzas coas diferentes entidades sociais que existen nos nosos territorios.



