Que é?

Que é?

Como o seu nome indica, un sinal podotáctil é aquel que podemos sentir ao pasar ou camiñar por el. Son diferentes elementos que se sitúan no chan e que nos permiten alertarnos de algo porque notamos un cambio na superficie. Tamén podemos atopalo co nome técnico de pavimentación táctil.

Mostran dúas situacións típicas: “precaución” (puntos) ou “seguro de proceder” (barras paralelas).

Sinalización podotáctil

Foto: L3 (CC) Carlos Alvz. Cor. @ Flickr; Homenaxe a Seiichi Miyake (inventor desta medida) por Google

A quen beneficia?

A quen beneficia?

Utilízase para que as persoas cegas ou con discapacidade visual poidan circular pola rúa, polos espazos públicos ou seguir rutas (por exemplo intinerarios en espazos expositivos). Trátase dun elemento de accesibilidade que ao instalarse no chan pode detectarse facilmente cun bastón, directamente cos pés ou mesmo coa axuda de cans guía adestrados.

Tamén teñen unha función de advertencia visual para todo tipo de persoas, xa que adoitan estar en amarelo porque é a cor máis visible para o ollo humano. O que fai que destaquen de forma moi contrastada coa cor do chan no que se atopa.

Como implementar esta medida?

Como implementar esta medida?

Trátase xeralmente dun elemento de pavimento de cemento ou pedra, xeralmente, aínda que tamén podemos incorporalo en espazos con tiras adhesivas de alta resistencia superpostas sobre pavimentación convencional. Tamén hai versións de polietileno ou metal. Dado que o pavimento táctil fai que a superficie sexa irregular, pode resultar algo incómodo para quen circula por el en cadeiras de rodas, carriños de bebés ou con bastóns. Polo que só se utiliza onde é estritamente necesario, non por todo o pavimento.

Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?

Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?

Algunhas entidades sociais como a Fundación ONCE, ademais doutras vinculadas á arquitectura contan con servizos de asesoramento, como por exemplo a asociación coruñesa Grumico. Ademais de existir empresas especializadas que podemos localizar nunha busca en Internet sobre a instalación ou venda de pavimento podotáctil (ou pavimento táctil).

Ampliar información

Ampliar información

Medidas relacionadas

Trama Braille