Que barreiras de acceso impiden que todas as persoas poidan gozar da nosa oferta cultural presencial e dixital?
Que medidas podemos implementar nos nosos proxectos culturais para derrubar esas barreiras?
Que alianzas podemos establecer con entidades sociais e profesionais que traballan no eido da discapacidade?
A resposta a estas preguntas require analizar o caso concreto de cada proxecto, contido ou espazo cultural. Especialmente pensando na realidade de profesionais, pequenos proxectos e entidades culturais de proximidade.
Por iso, pensamos na utilidade de contar cunha proposta metodolóxica que nos permita facer, paso a paso, unha autodiagnose situada. E tamén, ir coñecendo e valorando posibles melloras que poidamos implementar dun xeito realista, sexa directamente ou coa axuda de profesionais especialistas.
Compartimos aquí en aberto unha primeira versión, coa intención de ir mellorando o seu contido e formato grazas ao contraste e suxestións que nos fagades chegar todas as persoas que vos animedes a empregala.
É accesible o teu proxecto cultural?
Convidámoste a revisar dun xeito integral a experiencia cultural que estás a deseñar ou ofrecer: antes de chegar a ela, na benvida ao teu espazo, durante o seu disfrute e despois de que finalice.
E sobre todo, a facer esta viaxe poñéndote na pel das persoas que poden atoparse coas diferentes barreiras de acceso que identificamos.
A partir dos resultados deste exercicio de autoavaliación debera resultarche posible:
Ser consciente das principais BARREIRAS que atoparán as persoas con discapacidade na túa experiencia cultural.
Planificar as MELLORAS precisas e as medidas dispoñibles. Priorizando aquelas máis importantes, pero tamén as que poidan ser máis viables de levar á práctica.
Marcar uns OBXECTIVOS, graduais e realistas para ir implementando esas melloras. Sempre segundo os teus recursos económicos, de persoal e de tempo.
Accesibilidade universal
Sería a condición que deben cumprir as contornas, procesos, bens, produtos e servizos, así coma os obxectos ou instrumentos, ferramentas e dispositivos, para ser comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade e da forma máis autónoma e natural posible. Presupón a estratexia de ‘deseño para todos’ e enténdese sen perxuízo dos axustes razoables que deban adoptarse (artículo 2.c. da Lei 51/2003, de 2 de decembro, de Igualdade de Oportunidades, Non Discriminación e Accesibilidad Universal das Persoas con Discapacidade).
Os criterios DALCO
Os criterios DALCO son outra referencia de interese para abordar a accesibilidade universal, neste caso aplicado a contornas. Aparecen na norma UNE 170001-1.2007 da Asociación Española de Normalización e son un acrónimo de:
- Deambulación, autónoma e cómoda polo espazo cultural.
- Aprehensión, que permita coller e manipular calquera elemento.
- Localización, tanto dos lugares, itinerarios e servizos, como temporal (cando vai acontecer algo).
- Comunicación, permitindo ter todas as persoas as mesma información previa, durante a visita ou posterior.
Alteridade
Xa finalmente, apostamos pola ALTERIDADE (poñerse no lugar do outro). O que implica falar, escoitar e empatizar na medida das nosas posibilidades. O ideal sería incorporar profesionais con discapacidade nos procesos de deseño ou nos nosos equipos. Tamén podemos buscar alianzas coas entidades sociais e de usuarias que de seguro existen no voso territorio. Como nós fixemos, por exemplo, na Coruña (Galicia). Moitas destas entidades ofrecen ademais formación especializada e servizos de apoio.
Segmentación
Na nosa proposta, aínda que partimos dunha vocación universalista, apoiámonos tamén na SEGMENTACIÓN de públicos culturais desde un punto de vista operativo. Como sabemos desde a acción cultural ou desde a comunicación ningunha acción poderá ser igualmente efectiva para toda a cidadanía ou para “todos os públicos”.
Por iso, para aproximarse por primeira vez e comprender as situacións e necesidades máis habituais propoñemos segmentar a abordaxe das barreiras que afectan a diferentes colectivos ou ámbitos da discapacidade.
Isto non implica obviar as preferencias e necesidades individuais de cada persoa. Sabendo tamén que, sen deixar de ser unha aspiración, non sempre poderemos chegar a todas as situacións concretas, tendo en conta os recursos e tempo cos que contamos no día a día dunha pequena organización cultural.
«Os nosos públicos compóñense de individuos que son infinitamente diferentes, os motivos polos que están interesados no que lles podamos ofrecer son moi variados e, ademáis, impúlsanlles necesidades diferentes.
Nun mundo ideal, confeccionaríamos á medida de cada un dos individuos todo o que ofrezamos. Pero isto non é práctico.
A segmentación, sen embargo, é unha solución pragmática. É unha maneira de agrupar, aos membros dunha audiencia particular, en grupos de tamaño manexable, aos que poder dirixirse segundo as súas necesidades específicas, os seus desexos e motivacións.»
Morris Hargreaves Mcintyre, autor do modelo Culture Segments.
Que medidas técnicas poden axudarche?
Para desenvolver as diferentes MELLORAS que te marques como OBXECTIVOS, recompilamos unha selección de boas prácticas e recursos técnicos. Pero é moi importante que teñas en conta que a accesibilidade non é unha mera acumulación de ferramentas de apoio. Pola contra, require:
PLANIFICAR, para ir introducindo melloras graduais, realistas e sustentables en toda a cadea de accesibilidade. A accesibilidade non se improvisa, planifícase.
NON É TODO OU NADA. Nin ter as medidas máis modernas e caras. Debe adaptarse á realidade dos recursos, económicos, persoais e de tempo das organizacións culturais. Mellor comezar probando a facer unha ou dúas cousas ben coidadas, que deixar a intención de mellorar nun caixón, ata poder facelo todo.
- AVALIAR continuamente. Trátase de estar, polo tanto, abertas a aprender das persoas usuarias.
E sobre todo, ter CONTINUIDADE para que os públicos destinatarios nos coñezan, vaian xerándose hábitos e se constrúa unha relación estable. Hai que evitar facer cousas puntuais que poidan ser -ou interpretarse- simplemente como estratexias de marketing (similares ás de greenwashing).
Para esta proposta metodolóxica partimos de varios enfoques e conceptos que nos permiten ligar a accesibilidade coa avaliación e mellora das experiencias culturais:
Cadea de accesibilidade
Aínda que se empregue tecnicamente o termo de “cadea”, gústanos máis pensar na accesibilidade como un camiño. Un no que é importante ter coidado de que cada paso sexa accesible. Como veremos, máis aló do momento no que está suceder un concerto musical, por exemplo, implica pensar en se todos os pasos que deben permitir chegar a ese momento son tamén accesibles.
Experiencia/viaxe de usuaria
O segundo termo que traemos está moi ligado. Trátase dunha técnica cada vez máis empregada no ámbito cultural para analizar e mellorar a calidade da experiencia que viven os públicos culturais nos nosos espazos e programacións. Convídanos a poñernos na pel da persoa que nos desexa visitar. E analizar así tanto as dificultades como os puntos positivos que atopa en cada paso da súa relación coa nosa oferta cultural.

Tamén consideramos relevantes estes outros conceptos adicionais:
Accesibilidade universal
Sería a condición que deben cumprir as contornas, procesos, bens, produtos e servizos, así coma os obxectos ou instrumentos, ferramentas e dispositivos, para ser comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade e da forma máis autónoma e natural posible. Presupón a estratexia de ‘deseño para todos’ e enténdese sen perxuízo dos axustes razoables que deban adoptarse (artículo 2.c. da Lei 51/2003, de 2 de decembro, de Igualdade de Oportunidades, Non Discriminación e Accesibilidad Universal das Persoas con Discapacidade).
Sobre os termos deseño universal ou deseño para todos podemos atopar tamén referencias de gran utilidade. Destacamos a idea de que a accesibilidade debe estar presente xa desde o momento no que se concibe ou deseña o espazo, actividade, produto ou experiencia.
Os criterios DALCO
Os criterios DALCO son outra referencia de interese para abordar a accesibilidade universal, neste caso aplicado a contornas. Aparecen na norma UNE 170001-1.2007 da Asociación Española de Normalización e son un acrónimo de:
- Deambulación, autónoma e cómoda polo espazo cultural.
- Aprehensión, que permita coller e manipular calquera elemento.
- Localización, tanto dos lugares, itinerarios e servizos, como temporal (cando vai acontecer algo).
- Comunicación, permitindo ter todas as persoas as mesma información previa, durante a visita ou posterior.
Segmentación
Na nosa proposta, aínda que partimos dunha vocación universalista, apoiámonos tamén na SEGMENTACIÓN de públicos culturais desde un punto de vista operativo. Como sabemos desde a acción cultural ou desde a comunicación ningunha acción poderá ser igualmente efectiva para toda a cidadanía ou para “todos os públicos”.
Por iso, para aproximarse por primeira vez e comprender as situacións e necesidades máis habituais propoñemos segmentar a abordaxe das barreiras que afectan a diferentes colectivos ou ámbitos da discapacidade.
Isto non implica obviar as preferencias e necesidades individuais de cada persoa. Sabendo tamén que, sen deixar de ser unha aspiración, non sempre poderemos chegar a todas as situacións concretas, tendo en conta os recursos e tempo cos que contamos no día a día dunha pequena organización cultural.
«Os nosos públicos compóñense de individuos que son infinitamente diferentes, os motivos polos que están interesados no que lles podamos ofrecer son moi variados e, ademáis, impúlsanlles necesidades diferentes. Nun mundo ideal, confeccionaríamos á medida de cada un dos individuos todo o que ofrezamos. Pero isto non é práctico.