Que é?
Que é?
Son representacións gráficas de espazos, actividades ou conceptos dunha forma que transmite un significado con simplicidade e claridade, máis aló das fronteiras culturais, lingüísticas ou cognitivas.
Existen varios tipos: de sinalización, para a comunicación directa entre persoas, para lectura fácil e na tecnoloxía dixital.

A quen beneficia?
A quen beneficia?
A persoas con discapacidade intelectual, cognitiva ou de desenvolvemento, principalmente. Un colectivo ao que lle resulta de utilidade son as persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA).
Pero tamén ten interese para persoas con discapacidade auditiva, adultos maiores, persoas con baixa formación e en xeral, persoas con dificultades de comprensión.
Como implementar esta medida?
Como implementar esta medida?
.
Estes contidos poden imprimirse en tarxetas ou usar aplicacións móbiles para a comunicación directa. Ademais de poder empregarse en sinaléctica, materiais impresos (cartelería, folletos, libros de man de espectáculos, cartelas de exposicións, etc.), ademais de en soportes dixitais, como páxinas web.



