Que é?

Que é?

Método no que os contidos foron resumidos e realizados con linguaxe sinxela e clara. A veces empréganse como apoio imaxes, debuxos ou PICTOGRAMAS, que permiten unha asociación de ideas máis fácil para comprender o contido que se está lendo.

A quen beneficia?

A quen beneficia?

A persoas con discapacidade intelectual, cognitiva ou de desenvolvemento, principalmente.

Pero tamén resultará de utilidade a persoas con discapacidade auditiva, adultos maiores, persoas con baixa formación e en xeral, persoas con dificultades de comprensión.

Como implementar esta medida?

Como implementar esta medida?

Existe unha normativa europea con pautas a seguir, que poden servirnos de referencia. Unha cuestión relevante é que debe existir unha persoa adaptadora, que coñeza estas pautas, pero despois a lectura fácil debe ser validada por persoas con dificultades de comprensión.
.

Estes contidos poden integrarse en materiais impresos (libros e publicacións informativas, cartelería, folletos, libros de man de espectáculos, cartelas de exposicións, etc.), ademais de en soportes dixitais, como páxinas web.

Tamén podemos facer audio-explicacións fáciles, sexa en soportes gravados, lecturas en voz alta de textos en lectura fácil ou nunha visita guiada adaptada, por exemplo.

Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?

Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?

Profesionais da comunicación con formación específica en lectura fácil. Ademais de entidades sociais que conten con departamentos ou persoal formado.
  • Unha entidade de referencia neste ámbito é Plena Inclusión. Ademais de recursos informativos, desenvolve formacións e conta cun servizo de adaptación de contidos baixo demanda. Ten delegacións territoriais: www.plenainclusion.org

Ampliar información

Ampliar información

Medidas relacionadas

Trama Braille