Que é?
Que é?
Trátase dos logotipos oficialmente recoñecidos para identificar aqueles recursos e elementos facilitadores dos que dispón un espazo, contido ou experiencia cultural.
O Símbolo Internacional de Accesibilidade (SIA), que representa a unha persoa sentada nunha cadeira de rodas, é un dos máis recoñecibles. O seu uso e deseño está regulado pola norma UNE 41501:2002, sinalando de forma xenérica que un espazo, produto ou servizo é accesible para todas as persoas. A veces atopámolo para sinalar simplemente prazas de aparcamento reservadas a Persoas con Mobilidade Reducida. Existen versións posteriores do SIA que buscan representar mellor a diversidade no ámbito da discapacidade.
.
| Imaxe | Significado |
|---|---|
![]() | Evolución do Símbolo Internacional de Accesibilidade (SIA) |
![]() | Lectura Fácil |
![]() | Audiodescrición |
![]() | Subtitulado |
![]() | Lingua de Signos |
![]() | Bucle Magnético |
A quen beneficia?
A quen beneficia?
A todas as persoas que poidan precisar do recurso específico, para que saiban que estará dispoñible para elas.
Como implementar esta medida?
Como implementar esta medida?
Trátase simplemente de integralo nos materiais impresos e/ou dixitais, tanto os que se empreguen na comunicación exterior como na sinaléctica interna.
Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?
Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?
Aínda que aquí indicamos as máis habituais e oficiais, recomendamos consultar coas entidades especializadas en caso de dúbida.









