Que é?

Que é?

Os nosos espazos dixitais deberan ser comprensibles e usables por todas as persoas. O equilibrio entre un deseño atractivo e cumprir a súa función, informativa ou de acceso a contidos culturais, só pode acadarse se quen o desenvolve ten unha mínima formación en accesibilidade, tanto no que implica a cores, tipografías, dimensións, formatos, etc. como en criterios de LECTURA FÁCIL.

No ámbito dixital temos que ter en conta, para persoas con discapacidade auditiva, a necesidade de incorporar SUBTITULADO ou interpretación en LINGUA DE SIGNOS integrados nos contidos audiovisuais. Estes contidos poden contemplar tamén AUDIODESCRICIÓN.

Moitas persoas con discapacidade visual severa empregan lectores de pantalla, tanto para visitar webs como para usar aplicacións móbiles, polo que a estrutura de contidos e a información oculta (como os textos alternativos para imaxes e botóns de interacción) son moi importantes para unha correcta comprensión da información. Calquera de nós pode activar esa función de lectura de pantalla nos nosos equipos informáticos ou móbiles, para así experimentar como funcionan:

A quen beneficia?

A quen beneficia?

A todas as persoas, porque do que se trata é de saber acadar o equilibrio entre utilidade e estética, cumprindo criterios de accesibilidade para todas.

Como implementar esta medida?

Como implementar esta medida?

O deseño web é unha actividade profesional, que require dun amplo abano de coñecementos e que se temos a posibilidade, deberamos contratar a especialistas. Pero sabemos que na práctica a veces temos que desenvolvelo internamente, con ferramentas e guías que nos poden facilitar algunhas suxestións e melloras básicas.

Outro aspecto onde se debera aplicar sería na documentación dixital, para o traballo interno ou para compartir con usuarias: documentos de texto, presentacións, etc.

Sexa cal sexa o caso, podemos falar de varios niveis:

  • O básico sería coidar que as fontes e cores nunha web permitan unha boa lexibilidade. Tamén que a estrutura de navegación e os textos sexan comprensibles, baixo criterios de LECTURA FÁCIL. A documentación dixital é máis sinxela de xerar, simplemente comprobando que os textos poidan seleccionarse e polo tanto lerse (non enviar fotos ou imaxes escaneadas de documentos).
  • Para mellorar a accesibilidade dunha web contamos tamén con algúns plugins (engadidos para webs) que podemos incorporar e automatizan melloras técnicas que as usuarias poden activar e desactivar ao seu criterio.
  • Optimizar unha web, app ou espazo dixital para que sexa totalmente accesible con lectores de pantalla require duns coñecementos técnicos máis avanzados.

Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?

Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?

Deseñadores web, preferentemente con formación específica en accesibilidade.

  • Unha entidade divulgadora e pioneira de referencia é a Unidade de Accesibilidade Dixital da Universidade de Alicante, dependente do seu Vicerrectorado de Transformación Dixital. Ten como obxectivo a promoción, concienciación ou formación en materia de accesibilidade dixital e tecnoloxías accesibles. A súa finalidade é romper barreiras dixitais, crear directrices para a elaboración de contido dixital accesible, asesorar e formar á comunidade universitaria no uso de tecnoloxías accesibles e detectar oportunidades de emprendemento a través da investigación en accesibilidade, así como a creación de canles de comunicación para a súa divulgación: web.ua.es/es/accesibilidad/unidad-de-accesibilidad-digital.html

Ampliar información

Ampliar información

Medidas relacionadas

Trama Braille