VISUAIS | AUDITIVAS | COGNITIVAS | FÍSICAS
Desde a baixa audición (hipoacusia) ata a xordeira severa ou total, atopamos diferentes graos de discapacidade que implican á función anatómica e/ou fisiolóxica do sistema auditivo.
Dentro deste colectivo podemos atopar persoas que poden realizar lectura beizo facial e/ou que usan a lingua de signos. Pero tamén persoas que non, incluídas aquelas con resto auditivo, que empregan audífonos ou con implantes cocleares.
A discapacidade da fala, entendida como o déficit na comprensión, produción e emisión da comunicación verbal, así como trastornos da voz, debe terse en conta habitualmente dentro deste colectivo, pero tamén pode manifestarse en persoas con audición.

Ademais do acceso a expresións artísticas totalmente sonoras, como a música, a audición é tamén a principal vía pola que se desenvolve a comunicación na nosa sociedade.


Dificultades
As persoas con discapacidade auditiva atópanse, principalmente, coas seguintes dificultades:




