VISUAIS | AUDITIVAS | COGNITIVAS | FÍSICAS
Trátase do ámbito onde podemos atopar máis diversidade de situacións persoais.
- As discapacidades cognitivas e do desenvolvemento son aquelas que afectan á capacidade do individuo para adquirir, manifestar ou expresar coñecementos e habilidades sociais e entre as que podemos falar do autismo, a síndrome de Asperger ou a síndrome de Down, entre outras. En cada unha delas atopamos así mesmo moitos graos e diferenzas entre as persoas afectadas.
- Algunhas das dificultades e das recomendacións que se sinalarán tamén poderían terse en conta para discapacidades neurolóxicas. Son aquelas que afectan a áreas do cerebro que coordinan actividades mentais importantes como a memoria, a aprendizaxe, a fala e outras, e tamén afectan ás actividades motrices e sensoriais. Entre As principais están os accidentes cerebrovasculares, Alzheimer, Ataxia, Corea de Huntington, esclerose múltiple ou lateral, lesión medular, Parkinson ou Síndrome de Tourette.
- E o mesmo para os trastornos da aprendizaxe que non provocan discapacidade, pero que si implican moitos problemas e limitacións. Falamos da dislexia e os trastornos da conduta, entre outras.
- Atopamos tamén dentro deste amplo grupo unha maior frecuencia de situacións de pluridiscapacidade, especialmente motora e intelectual.

As persoas con estas discapacidades, como é evidente, atópanse con dificultades moi diferentes segundo cada situación. Poderemos axudarnos de medidas técnicas nalgúns casos, pero resulta especialmente importante ter unha formación e empatía que nos permita comprender como facilitar unha experiencia confortable e adaptada á persoa.

Dificultades