Que é?
Que é?
O deseño aplicado á comunicación debera ser útil, cumprir unha función informativa e polo tanto ser comprensible para todas as persoas. Pero ao mesmo tempo, hai unha parte creativa e estética que a veces se prioriza excesivamente, por descoñecemento dunhas pautas máis accesibles ou por darlle prioridade a esa parte máis artística. O equilibrio só pode acadarse se quen realiza o deseño ten unha mínima formación en accesibilidade, tanto no que implica a cores, tipografías, dimensións, etc. como en criterios de LECTURA FÁCIL.
A quen beneficia?
A quen beneficia?
A todas as persoas, porque do que se trata é de saber acadar o equilibrio entre utilidade e estética, cumprindo criterios de accesibilidade para todos.
Como implementar esta medida?
Como implementar esta medida?
O deseño gráfico é unha actividade profesional, que require dun amplo abano de coñecementos e que se temos a posibilidade, deberamos contratar a especialistas.
Pero sabemos que na práctica moitos recursos de comunicación realízanse directamente por nós mesmos ou persoal non especializado, tendo ademais moitas ferramentas que nos facilitan os traballos técnicos.
Sexa cal sexa o caso, existen algunhas guías e recomendacións, con diferentes niveis de dificultade a ter en conta con uso de cores, tipografías, redacción de textos baixo criterios de lectura fácil, aplicacións impresas e dixitais.
Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?
Quen pode asesorarme ou axudarme a implementar esta medida?
Deseñadoras e deseñadores gráficos, preferentemente con formación específica en accesibilidade.



